Accidente de tráfico na Estación da Portela

Hoxe domingo, arredor das 21.00 horas, produciuse un accidente de tráfico na estrada PO-0506 á altura do lugar da Estación da Portela, máis concretamente a carón das instalacións de Transantonio.

O veículo, un Fiat Stilo, perdeu o control e foi bater contra unha farola do alumeado público. Segundo o propio condutor  foi para evitar o atropelo dun pequeno can. No coche tamén viaxaba unha moza pero ningún dos dous tiveron feridas graves.

Ao lugar dos feitos acudiron efectivos de Protección Civil de Barro, quenes traballaron nas labores de limpeza da estrada e redirixiron o tráfico.

Deixar un comentario