A calor reaviva o incendio de Barro e provoca un novo en Viascón

As altas temperaturas volveron dar un presaxio do que pode ser un mal verán para os pobos rodeados de masa forestal na comarca. No caso do municipio de Barro foi o incendio de eucaliptal na Portela o que se reavivou ao mediodía, logo dunha xornada de calma.

Ás tres da tarde empezaban a alarmarse tamén os veciños de Viascón, en Cotobade, A fumareda que saía do Monte Castelo empezouse a achegar á parroquia. Pedíronse medios, pero estes non chegaban. O BNG denunciou que ás cinco, cando xa se aproximaba o lume ás vivendas -e na zona hai casas de Protección Oficial realizadas exclusivamente en madeira- só había un buldozer facendo devasa. Ningunha cuadrilla. Ao final, pouco despois chegou o helicóptero e a cuadrilla, procedentes dun lume en Lérez, posto que se considerou que este era máis perigoso.

(Máis información na nosa edición impresa do 1 de xullo).

Deixar un comentario