CRTVG busca…reporteiros comeza o 17 de xuño de 2011 e remata o 6 de xullo de 2011.
3.- A QUEN VAI DIRIXIDO?
A todas as persoas, a partir dos 15 anos de idade, interesadas no mundo da creación audiovisual e multimedia.
Se os vídeos inclúen a menores deberá presentarse o consentimento de seus pais ou titores para a súa difusión a través das diferentes canles coas que conta a CRTVG.
Non poderá participar o persoal empregado das entidades organizadoras, colaboradoras e patrocinadoras.
4. QUE HAI QUE FACER PARA PARTICIPAR?
Deberase realizar un vídeo-reportaxe, de temática libre que pode ser real ou de ficción, en que aparezan referencias a programas da Televisión de Galicia e a Radio Galega, ben a través de imitacións de formatos, persoeiros, etc., ou no tema que trata. As obras deberán enviarse ao Servizo de Innovación e Novas Canles da CRTVG seguindo as indicacións do puntos 5 e 6 destas normas.
