Obras para instalar viadutos do supernudo de Curro

Estes días arrincaron as obras no supernudo de Curro centradas na construción dos tres viadutos que terás o enlace onde confluirá a futura autovía de Pontevedra a Vilagarcía, a AP-9 e a autovía do Salnés.

O macronudo é un labirinto de 14 quilómetros de viarios, que ademais desas tres pontes, tamén prevé a instalación de cinco pasos inferiores e tres superiores.

O enlace terá tres niveis, e nun deles, prolongarase esa autovía que une a Barro con Sanxenxo. No segundo nivel, unha glorieta de 180 metros de diámetro unirá a antiga estrada C-531, que dá servizo aos polígonos e a PO-531 en dirección Vilagarcía. No terceiro nivel, garántese a PO-531 Curro -Pontevedra cara á futura autovía AG-47.

De acordo co calendario da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o macronudo estará finalizado o próximo ano. Esta data supón un adianto na previsión de finalización de dous anos. Os traballos avanzan a bo ritmo, como se pode apreciar desde o desviou que se habilitou na estrada de Vilagarcía á altura de Curro . A maquinaria pesada traballa a diario, e cada vez percíbese máis o debuxo do supernudo.

A infraestrutura terminará co pescozo de botella actual da autovía de Sanxenxo, xa que a estrada redúcese a dous carriis xusto no tramo final da conexión coa Autoestrada do Atlántico. Co enlace, preténdese dar carpetazo aos atascos que se producen na zona.

Haberá múltiples ramais de interconexión.

Deixar un comentario