En Pontevedra estarán ás e os mellores triatletas de Europa buscando un título
que lucirán con orgullo no seu curriculum. Entre eles, os galegos Javier Gómez Noya e Ivan Raña, o ano pasado Gómez Noya quedou ás portas do título, e que quere lograr o triunfo ante o seu público, o que o ve adestrar e traballar a diario.
Defenderá o título Alistair Brownlee, mentre que Gómez Noya foi prata. Na
categoría feminina a gañadora foi a suíza Nicola Spirig, que revalidou o seu título en Athlone (Irslanda).
A proba PONTE al TRI Sprint pasara por Barro
O obxectivo desta proba é posibilitar a participación de todos aqueles triatletas que non poideron clasificarse cos criterios dos seus países.
A previsión de participación é de 300-500 participantes e está destinado
principalmente aos deportistas galegos, españois e portugueses.
Concurso de Fotografía Tríatlon de Pontevedra
O Concello de Pontevedra organiza co gallo do desenvolvemento do Campionato de Europa de Tríatlon os días 24, 25 e 26 de xuño de 2011, e coa colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra e AEMPE (Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra) o
“Concurso de Fotografía Tríatlon de Pontevedra” que ten por obxectivo “promocionar e dar a coñecer o Tríatlon de Pontevedra 2008-2010 a través de imaxenes”.
ESTRADA PECHADA.
A estrada N-550 só estará pechada ao tráfico no tramo entre Pontevedra e
Barro, (glorieta desvío cara a estrada a Vilagarcía-Curro) o sábado 25, entre as 7.00 e as 11.00 horas, e o domingo 26 entre as 7.00 e as 11.45 horas. Os desvíos estarán debidamente sinalizados.
