Louzán dálle plantón a Landín e non aparece por Barro para a inauguración da Festa do Viño..

Según o comentario feito  no facebook  por …………….. “Por certo, non puido estar Louzán… Que mágoa para vós…”, supoño que se refire aos veciños que estarían  ilusionados coa visita deste personaxe, o cal non se deixou ver  por Barro. A verdade é que non se perde moito, pero estaría ben saber cal foi o motivo tan importante que lle impediu acercarse ata Barro.

Maila que foran moitos os ilusionados coa visita, de seguro que habería veciños aos que lles faría ilusión, pero xa vedes, Barro non entra nas preferencias deste gobernante.

O curioso é que na páxina web da Diputación non aparece, a día de hoxe, ningunha modificación na axenda, nin mensaxe por este plantón.

Seguro que algún dos seguidores desta páxina han de saber o motivo e nos darán a resposta, así que esperaremos a ver que nos contan.

Deixar un comentario