Dous novos confrades ingresan na Orde “Lagariño” da Confraría Rías Baixas en Barro

Os veciños de Barro seguen de festa coa XXXII edición da Festa do Viño que onte viviu un dos momentos máis solemnes coa celebración do capítulo extraordinario da Confraría de Viños Rías Baixas, a Orde “Lagariño”, que se reunión nesta localidade pontevedresa para realzar así un evento festivo que é xa una das citas gastronómicas ineludibles na comarca.
Este evento serviu para nomear a unha nova dona e a un novo cabaleiro da Orde. Trátase de María Teresa Roig, tenente de alcalde de Barro; e de Manuel González Torres, máximo responsable da Asociación de Viños do Ulla.
A celebración do capítulo extraordinario da Orde “Lagariño” foi tan só una das múltiples actividades que incluíu a Festa do Viño na que participan máis de 20 adegas das DO Rías Baixas. Así, realizouse a última das catas dos viños de colleiteiros e non faltaron as actuacións musicais que tiveron o seu colofón nunha verbena. Durante toda a xornada tamén se celebrou un campionato de fútbol e os asistentes gozaron dun concurso no que se buscaban os mellores petiscos.
Hoxe domingo o programa festivo tamén está repleto de actividades, comezando cunha cata de albariño Rías Baixas ás 11.30 horas, seguida da celebración da misa cantada pola Coral Polifónica de Barro. Ás 12.30 horas dará comezo unha sardiñada e viño gratis para todos os asistentes que estará amenizada coa actuación do grupo de danzas Amor Ruibal de Barro. Ás 14 horas procederase á entrega de trofeos e posteriormente celebrarase unha sesión musical a cargo dunha orquestra. A Charanga NBA amenizará esta xornada matinal. O broche de ouro a tres días de festa porao unha gran verbena.

Deixar un comentario