Mensaxe de Francisco
Podemos dicir que a visita que nos fará Louzán será un dos acontecementos mais importantes que teremos na
programación da Festa do Viño este ano, claro está, que despois do Grupo de Danzas, do Grupo de Gaitas, da Coral e, como non, dos partidos de fútbol que xogarán os nosos rapaces de Barro, e despois tamén das 15 bombas de palenque, é dicir, que o Sr. Louzán acadará a 5ª ou 6ª posición do programa, e baixando…
Non teño moi claro que ven a pintar a Barro, supoño que a beber a conta nosa, e ata pode que se quede de papadela, tamén pode ser que veña a dicir o pregón das festas, porque se así é, é un pouco triste.
De paso que anda por esta bonita terra, o Sr. Landín podíalle pedir algúns cartos para o Concello e así a ver se lle pode pagar ao Grupo de Danzas, que hai anos que lles deben.
Xa sabedes, se queredes ver a este personaxe tendes que acudir o venres ás 21:00 h ao Pazo de San Marco, ou tamén coñecido Pazo da Crega (porque outro non temos, non?) e o que queira pedirlle un autógrafo ou sacarse unha foto con él, pedirlle algún favor etc., xa sabe…
Non só lle debe actuacións ó Grupo de Danzas Amor Ruibal de Barro. Tamén lle debe ás bandas de música. Eu mesmo teño actuacións realizadas neste concello coa Banda Cultural de Barro que aínda non cobrei desde fai anos.
Sr. Louzán: pague as actuacións que lle debe ás bandas de música dos Plans Culturais dos anos anteriores.