Landín nega a palabra ao BNG en Barro
O alcalde de Barro, o popular José Antonio Landín, non deixou intervir ao portavoz do BNG, Xosé Manuel Fernández Abraldes, o pasado sábado no pleno de investidura. O concelleiro
nacionalista comentou onte que o rexedor non convocou unha reunión previa para preparar a sesión e que o día do pleno non lle deu a palabra ao entender que o rexedor ten que ser o que peche o acto.
Tamén lamentou a actitude de Landín Eirín o portavoz do PSOE, José Samartín. O edil dixo onte que o alcalde non pode pedir consenso e colaboración á oposición para sacar adiante temas importantes para Barro para acto seguido negar a palabra ao portavoz do Bloque. «Poder falar debe ser un dereito», subliñou Sanmartín