Campeonato Galego de Orientación a Pe 2011

Aquí tedes a información que nos enviou Manuel Parrado sobre o campionato galego de orientación, Manolo que eu coñeza é o máximo expoñente que temos en Barro na práctica deste deporte no que leva anos participando, a ver se se anima e monta un club en Barro, eu apúntome.

Toda a información en PDFcampeonatogalego

Aspectos teóricos de la orientación.pdf

Os vindeiros días 18 e 19 de xuño, celebraráse en Pontevedra, o Campeonato Galego de Orientación a Pe 2011, que consta das seguintes probas:

1ª Carreira ( Distancia larga) 6ª proba da XX LIga Galega de Orientació a pé a celebrarse o sábado día 18 de xuño ás 10:30h na Lagoa de Castiñeiras

2ª Carreira ( Distancia Media) 7ª proba da XX Liga Galega de Orientación a pé a celebrarse o domingo día 19 de Xuño ás 10.30h na Escusa ( Campo de Golf de Meis)

 Cada unha destas carreiras puntuará para o Ranking da Liga Galega e o cómputo das dúas daranos oo resultado do Campeonato Galego de Orientación 2011

Campeonato Galego de Ori-Sprint: O Campeonato Galego na modalidade de Sprint celebraráse o sábado día 18 de xuño ás 18:00 h no Centro Histórico de Pontevedra

Organiza: Montañeiros de Pontevedra
Inscripcións: ata o Martes 14 de xuño ás 22:00h. ( A Roelo- Montañeiros de Pontevedra)
Tamén Podedes contactar con Manuel Parrado para inscribirse a través do Club Habelas Hainas.

Máis información do que son estas probas en http://www.fedo.org .

Club Habelas Hainas

Montañeiros de Pontevedra

Deixar un comentario