Excursión a Festa fin de curso de Voz Natura

Rafael Ruibal Pereira, en calidade de coordinador do programa Voz Natura no CEIP AMor Ruibal de Barro,quere aclarar o seguinte:

  • O CEIP Amor Ruibal leva dous anos participando no programa de innovación educativa Voz Natura, promovido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, grupo ao que pertencen, entre outros, o xornal “La Voz de Galicia”.
  • Para ser incluídos neste programa, no que participan máis de 200 centros educativos de toda Galicia, é necesario presentar un proxecto de traballo anual, que este sexa aprobado pola Fundación, e desenvolver ese traballo ao longo do curso. Por exemplo este ano, dentro do noso proxecto, fixemos actividades como: O invernadoiro, a recuperación dos xardíns, a saída ao río Santa Susana…
  • Para dar a coñecer e agradecer o traballo de todos os participantes, Voz Natura organiza, desde hai moitos anos, unha Festa fin de curso en Culleredo, que este ano terá lugar o sábado día 4 de Xuño. Esta festa está considerada o evento lúdico-educativo máis importante de Galicia, contando coa colaboración de numerosas entidades públicas e privadas, empezando pola Consellería de Educación ( salientar a presenza, na anterior edición, de máis de 20000 persoas, incluído o Presidente da Xunta de Galicia).O programa Voz Naturaadxudicounos un máximo de dous autobuses, sendo estes gratuítos.
  • No afán de involucrar nesta actividade ao maior número posible de familias, desde o colexio propúxose á ANPA participar activamente na súa organización.
  • Como é habitual, establecéronse conxuntamente  uns prazos e uns requisitos para se anotar, recollidos na nota enviada ás familias,co fin de garantir, no caso de se precisar, unha selección obxectiva.
  •  Un día antes de rematar o prazo establecido cubríronse as 110 prazas previstas, polo que se comunicou que a partires dese momento as peticións recibidas pasaban á reserva.
  • Logo de descartar aos anotados que non cumprían os requisitos, esas familias que estaban como reservas, acabaron por ter praza.
  • Baixas de última hora fixeron que aparecesen libres algunhas prazas.  Non habendo peticións sen atender que cumprisen os requisitos establecidos , o habitual sería deixalas sen cubrir. Aínda así, a ANPA e o Colexio acordamos facer un chamamento de última hora, colocando carteis no recinto escolar para avisar.
  •  Polo que, grazas ao traballo da ANPA pasouse de 60 persoas (aprox.) que participaron o curso anterior a 109 este curso.
  • Por iso quero aproveitar a ocasión para agradecer e felicitar publicamente á ANPA polo traballo desenvolvido na organización desta actividade.

 

Barro a 2 de Xuño do 2011

Deixar un comentario