Barro con 15 parados menos

As localidades nas que baixaron as cifras do paro. Barro tamén creou 15 postos de traballo (quedando un total de 339 veciños sen un posto de traballo).
En Caldas o número de desempregados sitúase en 1.092 persoas (doce menos que en abril) e en Moraña en 479 (dez menos).
No resto de municipios o paro incrementouse. Así, en Cuntis contan cun parado máis, situándose a cifra total en 538; e en Portas destruíronse dous postos de traballo e teñen agora 285 desempregados.
En Campo Lameiro ascenden aos 202 parados con catro desempregados máis; e na Lama perdeuse un posto de traballo e son 268 veciños á procura dunha ocupación. En Cotobade o paro quedou tal e como estaba, con 413 desempregados.
En maio creouse emprego en todos os sectores. Incluso a construción contou con 23 novos traballadores. No entanto, seguen sendo os servizos os que demandan máis man de obra con 206 novos empregados.

Deixar un comentario