III Campus Musical da FGBMP

A partires de hoxe mesmo poderedes inscribirvos no III Campus Musical da FGBMP, que terá lugar en Santiago de Compostela entre os días 18 e 31 de Xullo.

A primeira semana estará adicada aos novos compositores, todo aquel que desexe iniciarse no mundo da composición ou ben afianzar os seus coñecementos ten unha cita esa semana co Mestre Andrés Valero Castells es Santiago de Compostela entre os días 18 e 23 de Xullo.

Na segunda semana será o momento de facer sonar os nosos instrumentos da man dos mestres Alex Salgueiro, Manuel Angulo, Darío Mariño, Carmen Cano, Federico Coca, Luis Soto, Gustavo Castro, Luís González, Anibal Sousa, Jose Varela, Carlos García, Pablo Diago e Juan M. Varela, mestres todos eles do mais alto nivel e que ofrecerán todos os seus coñecementos aos alumnos que compartan con eles estas xornadas. Polas tardes, soará a Banda do Campus, ao compás marcado pola directora Pilar Vañó e os seus alumnos de Dirección.

Serán en definitiva, uns dias moi intensos, cargados de clases individuais, concertos de alumnos e profesores, exposicións de instrumentos e accesorios, música de cámara, etc.

Tendes toda a información dispoñible na sección CAMPUS desta web, no e-mail:campusfgbmp(at)gmail.com, ou nos telefonos 981.591.895 / 686.679.836

Deixar un comentario