A viaxe do actor Marcos Pereiro (que dá vida á metade do dúo Nucha e Mucha,
as famosas Cantareiras de Ardebullo do programa Luar) foi onte de regreso ás aulas. Concretamente, ás do CEIP
Amor Ruibal de Barro, que outorgou á parella humorística o Premio Mimi ao Persoeiro do Ano polo fomento do uso do galego. Quen non puido acudir á entrega do galardón, celebrada na biblioteca, foi Xosé Antonio Touriñán , que se atopaba en Barcelona. Pero ante a ausencia da cantareira, alí estaban as «Cantareiriñas», dous alumnos do centro (Noelia Ouzón e Brais Sabarís) para agasallarlle coa réplica en madeira de Mimi, a mascota do colexio.