A Plataforma SALVEMOS BARRO Contra o AVE OURENSE –VIGO polo Concello de Barro
reuniuse onte pola mañán co Asesor do Secretario General de Planificación e
Infraestructuras, Manuel Villa González, co Subdirector General de Planificación y
Proyectos, Francisco Javier Sánchez Ayala e co Jefe de Área de Planificación,
Gonzalo Díaz García, nas dependencias da Dirección General de Infraestructuras
Ferroviarias do Ministerio de Fomento en Madrid.
OBXECTO DA REUNIÓN
Facer un seguimento do Proxecto Básico do trazado do AVE Ourense-Vigo no seu
tramo Cerdedo-Vigo, que redacta, dende finais de xaneiro deste ano, a UTE formada
polas empresas de enxeñería GOC, SA e Calter Ing, SL. O prazo de execución do
proxecto é de 14 meses.
A REUNIÓN
Na reunión celebrada onte, os representantes do Ministerio expresaron que son
conscientes das dificultades e da problemática que caracteriza o trazado desta vía
por Barro, realidade que os técnicos que redactan o proxecto tiveron ocasión de
contrastar in situ.
Están a estudar unha alternativa ó trazado aprobado que supón unha diminución do
tempo do traxecto, do investimento así como da lonxitude física da vía. Con esta
alternativa, o traxecto realizaríase enteiramente por túnel salvo no entronque co Eixe
Atlántico onde habería que conectar en superficie.
CONCLUSIÓN
Nun breve prazo de poucos meses, o Ministerio pronunciarase sobre esta alternativa e
iniciariase un proceso de consulta á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas da Xunta de Galicia, que á sua vez, consultará cos Concellos e
agrupacións que considere oportuno.
Os membros da Plataforma quedamos moi satisfeitos tanto coa información que nos
foi facilitada como coa actitude dos interlocutores que amosaron ter o sentido comun
e a racionalidade precisos para dispoñerse a modificar un trazado aprobado nun
Estudio Informativo. Asemade, saliéntase a actitude receptiva dos mesmos sen a cal
non sería posible o diálogo e o entendemento do que ven sendo partícipe esta
Plataforma. A participación social é, por elo, fundamental para que este tipo de
obras se realicen co mellor criterio.
Jacqueline Seijo Martínez
Plataforma SALVEMOS BARRO
