DONDE ESTAN AS PANCARTAS?

Os veciños do edificio Adelfa retiran as pancartas durante uns días trala petición da construtora e do Concello.

A cambio da retirada das pancartas ofrecéronlles que esta semana, sen falta, comezarán coas obras prometidas. Supoño que a construtora non quererá máis publicidade negativa, xa que lles quedan unhas cantas vivendas por vender e, o Sr. Alcalde prometeuno o día que gañou as eleccións, e vendo que se aproxima a festa do viño, non quererá que os seus convidados vexan al orixinal reivindicación.

Pero ben, o importante é que se vaian arranxando as cousas destes veciños, que non tiñan que terse roto a cabeza polas incompetencias doutros e, dunha vez por todas, consigan estar tranquilos nas súas casas, que ben que as pagan.

De xeito que en hora boa a tódolos veciños do edificio, acabades de dar unha boa demostración de unión e organización nas vosas protestas, e demóstrastenos a todos que se nos unimos e loitamos, conséguense as cousas.

Os meus parabéns.

Deixar un comentario