Un mozo resultou ferido onte ao caerse do quad que conducía tras impactar este vehículo cun coche que estaba estacionado no lugar de Piñeiro, en Valiñas (Barro), segundo informou Protección Civil. O suceso ocorreu pasada a unha da tarde e o mozo foi trasladado nunha ambulancia do 061.