Ao longo de toda esta campaña, o PP volve intentar meterlle medo á
xente contra o BNG, cos vellos argumentos de fai 20 anos. Que somos os do
non, e que se gobernamos imos subir os impostos. Ante esa falta de
propostas, só aclarar, que os do non saber facer as cousas ben son os do
PP.
Con respecto aos impostos, os únicos que falan de subilos se volven
gobernar son os do PP, tal como pode comprobarse no plan que aprobaron
cos orzamentos de 2010, e que remata no 2012. Nel tamén recoñecen a
nefasta xestión económica que leva facendo o PP, tal como ten denunciado o
BNG.
– Reproducimos aquí algún dos parágrafos literais de dito plan do PP:
PROPOSTA PLAN DE MELLORA E SANEAMENTO FINANCIEIRO DO CONCELLO DE
BARRO (2010-2012)
“Da primeira análise da situación económica do Concello de Barro a modo de resumo,
detéctanse como causas da situación actual, entre outras as seguintes:
-Desequilibrio total entre as previsións de ingresos correntes do orzamento e os
gastos correntes do mesmo, que ano a ano van incrementado o remanente
negativo de tesourería.
-Destacar como principais as contratacións de persoal con custos subvencionados
que se adican a acometer diversas obras para as que non se conta con suficiente
financiamento ou que obrigan ao concello a costear locais, maquinaria,
ferramentas ou materiais para as obras, para os que non se conta con suficiente
capacidade económica.
-A execución de obras de investimento ao longo de anualidades anteriores, e na
presente, con consignación insuficiente, ou cofinanciadas, nas que as aportacións
do Concello en relación cos dereitos vinculados, non tiveron a súa realización.
-A execución de obras de investimento ao longo de anualidades anteriores, e na
presente, con consignación insuficiente, ou cofinanciadas nas que as aportacións
do Concello en relación cos dereitos vinculados, non tiveron a súa realización.
Dito plan terá que realizarse nun período de tres anos para axustar o aforro neto negativo
da Entidade a cero.”
“Trátase dun plan de carácter táctico, dado que vai dirixido ao saneamento
económico e financieiro da entidade nun máximo de tres exercicios económicos, segundo
dispón a norma para a súa implantación.”
“Finalmente, as medidas de carácter económico-financieiro e orzamentario, apostan por
controlar que non se produzan gastos sen consignación, redución de gastos correntes,
subidas tributarias para Impostos, Taxas e Prezos Públicos municipais, implantación de
Impostos contemplados na Lei de Facendas Locais e pendentes de implantar.”
“4.2.4.- En materia de ingresos correntes (período de implantación 12 meses)
A precaria situtación económica-financieira do Concello de Barro, aconsella a
adopción de medidas correctoras en materia de ingresos, medidas que teñen que pasar
obrigatoriamente polo aumento da presión fiscal, así como unha mellor xestión dos
ingresos que se recadan directamente polo Concello. Neste sentido, proponse a adopción
das seguintes medidas:
1º.- En relación co IBI de urbana, proponse a revisión dos valores catastrais,
mantendo o tipo minimo do 0,4%, delegando no ORAL a xestión, revisión e cobro.
2º.- En relación co Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, revisión da tarifa.
3º.- Implantación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza
urbana.
4º.- Taxa por recollida de lixo. Acutalización do Padrón así como do prezo da taxa, en
función das propostas do ORAL.
5º.- Confección do padrón da Taxa por conexión ao saneamento muncipal, e fixar
prezo en función das propostas do ORAL.
6º.- Confección do padrón da taxa por alcantarillado, e fixar prezo en función das
propostas do ORAL.
.7º.- Revisión do prezo por suministro de auga, con cuotas axustadas aos custos reais
do servicio e similares aos concellos do entorno, así como fixar prezo en función das
propostas do ORAL.
8º.- Actualización e aplicación da taxa por expedición de documentos administrativos.
9º.- Actualización da taxa polo uso do pavillon.
10º.- Aplicación da ordenanza de Vados.
11º.- Delegar no ORAL, a liquidación definitiva do imposto de Construcións.
12º.- Implantar a taxa por licencias urbanísticas.”
Este é o programa oculto que ten o PP. Por iso mentres o BNG fai as
suas propostas, o PP limítase a criticalas, sen falar das súas para que a
xente non saiba das súas verdadeiras intencións. Tamén propoñen moitos
outros recortes dos que non se atreven a falar. O triste é que mentres non lle
cobran os 48.000 Euros á empresa do mercado, o concello débelle cartos a
empresas de Barro, aos rapaces e rapazas da Banda Xuvenil, ou do grupo
de danzas, o que lles crea moitos problemas a estas entidades para seguir
coa sua gran labor.
