Nota importante: Para comprender ben este post é importante que premades
nos vínculos que hai nel, e así entenderedes todo ben.
Dise que cando hai eleccións, os políticos fanche algo máis de caso, e que se lle pides que fagan algo, que normalmente xa debería estar feito, igual por gañar votos, fano.
Eu diríxome ao Sr. Landín para contarlle os problemas que temos os veciños da Rúa das Baladas tódolos domingos co tema da feira, que por certo, xa hai anos que llos levamos poñendo no seu coñecemento, pero como ultimamente soe dicir “descoñezo os detalles da situación real”, o invito a que se pase por ela e lle vote unha ollada…, pero como xa sei que está moi ocupado,vótolle una man e fágolle un pequeno resumo.
Como dicía o Sr. Sinaí Gimenez “Es la mejor feria de la provincia de Pontevedra, donde mejor nos va”, asegura el presidente de la Asociación del Pueblo Gitano, Sinai Giménez.
Ostia!!!… non lles vai ir ben, leva sen pagar un euro dende que viu para aquí… Polos datos que teño, arredor dos 50.000 euros…, é ben certo, a verdade e que comezo a estar deprimida…, o que non vexo por ningunha parte é a riqueza do municipio. O máis bonito é que o Sr. Landín o consinte…, normal, seguro que os dous teñen a súas razóns: son ben levados, e para que imos romper esa relación tan riquiña?.
Xa polo ano 2008, o Sr. Landín dicía “sempre vai a remolque , porque el tema de mercadillo esta solucionado” , que o tema da ubicación dos postos estaba resolto. O caso é que non sei si se refería á feira de Barro ou á de Betanzos…, penso que sería pola segunda, porque polo que eu vexo no aparcadoiro do tanatorio segue aparcando todo Deus, e diante da saída dos edificios, tamén. Se polo menos fixera algo do que promete, como aquela famosa liña de autobuses interurbanos que ía facer en Barro, pois igual así non habería tanto colapso cos coches, e evitaríase que os aparcaran diante da casa, como lle pasou hai pouco a unha veciña que tiña que saír de urxencia coa súa filla ao medico, e topouse na súa saída un coche que lle impedía o paso, co cal, tivo que ir a buscar aos axudantes do Sr. Sinaí para que llo apartaran, e despois de lidar con eles, xa que de entrada non querían axudarlle, levantaron en peso o coche… sí, sí, en peso… vaia co servizo de grúa!!!
Outro inconveniente tamén é se tes aparcado o coche a carón da casa, a iso das 13:00 h. Pode que te chamen polo telefonillo porque o dos churros quere montar o chiringo, e como non saques o coche, móntache o posto ao lado e a ver despois cómo saes, tal e como lle aconteceu a outro veciño, e, se tes que saír do garaxe, sabes que terás que facelo polo medio da xente… Ó mellor é cando queres chegar á casa, porque o mesmo te atopas cun operario do Sr. Sinaí, ataviado cun chaleco amarelo fosforito que te para como se fose Garda Civil, preguntándoche cara onde te dirixes, ou algo así…, xa que debe facer pouco que chegara de Marrocos e aínda non fala ben o galego… é ben certo, ao final vai ter razón o Sr. Landín, polos veciños do norte de África “poden levantarse e virnos encima”.
Para evitar todos estes problemas, e moitos máis, optamos pola solución que seguramente nos daría o Sr. Alcalde… cal é?, pois marchar á mañá cedo a comer á casa dos pais e volver á noite, ou ben, non saír da casa, que nos días de inverno agradécese ficar no sofá, e nos días de verán, saír á noitiña, que é cando refresca…
Se optas pola primeira opción, cando chegues á casa verás un montón de bolsas de lixo que xeran os postos da feira, e que recollen despois co camión do lixo do Concello…, para seguir sumando gastos.
Cal das opcións elixirías?
POSIBLES SOLUCIÓNS:
Que o Concello levara a xestión íntegra da feira, e así non ter a débeda que temos, e poñer uns operarios a controlar onde deben aparcar os coches, de xeito que se cree emprego e rematar co malvivir da xente de Barro, e que non teñan que ir a Pontevedra a limpar casas ou traballar no campo, iso que lle parece ao alcalde tan mal.
O tema de saír dos garaxes dos edificios, solo afastando os postos uns 50 m, quedaría resolto.
Ben Sr. Landín, seguro que non nos fai nin puto caso e non nos resolve este problema, e como ve, as solucións son ben fáciles, así que só nos queda confiar en que non gañe o domingo, e iso si que é complicado, xa que parte vostede de favorito, pero bueno, hai veces que os poderosos perden e os máis débiles gañan, así que solo nos queda esperar e saber se nos quedan outros 4 anos sen que cambie nada no Concello ou, por outra banda, os veciños optan polo cambio, que sería o máis beneficioso para todos nós.
