Landin «Non teño ningún interese en contestar»

O alcalde de Barro, o popular José Antonio Landín Eirín, non quixo participar na enquisa que La Voz de Galicia pasou a todos os candidatos do municipio para explicar aos seus lectores algúns dos temas de maior relevancia para os veciños ante a contenda electoral.

Os cuestionarios remitíronse aos tres candidatos á vez o pasado xoves, día 12, dando unha marxe de tempo para respondelas, e tanto Abraldes como Sanmartín as contestaron en tempo e forma. Os cuestionarios remitíronse para que os candidatos elixisen e meditasen ben as súas respostas e recomendóuselles que fosen concretos e breves.

A reacción do alcalde de Barro foi primeiro o silencio e despois de varios intentos para conseguir contactar con el, Landín só dixo a este xornal que: «Non teño ningún interese en contestar».

pp josé antonio landín eirín

Deixar un comentario