A Plataforma SALVEMOS BARRO contra o AVE OURENSE –VIGO polo Concello de Barro COMUNICA que o vindeiro
martes 31 de Maio, varios representantes desta Plataforma asistirá a unha reunión en Madrid co obxecto de facer un seguimento directo do contido do Proxecto Básico deste trazado que está sendo redactado polos consultings de enxeñería CALTER e GOC.
Temos plena confianza en que tanto os técnicos como os políticos saberán o que teñen que facer; así llo ven reclamando esta Plataforma dende Marzo de 2010. O trazado desta infraestrutura por BARRO é unha aberración e carece de fundamento, racionalidade e sentido comun. Esta Plataforma xa cumpriu o ano de vida, ano marcado por moitos sentimentos, esforzos, redacción de documentos, reunións, longos desprazamentos, conversas telefónicas, etc.
Se todo sae ben e o trazado se modifica, será o produto dun traballo en equipo ben feito, dun traballo no que interviron os veciños, diferentes grupos políticos, os diferentes estamentos da Administración, etc. Por todo elo, e sexa como sexa, é un exemplo de que se todos arrimamos o hombro e tratamos de entendernos dende a comunicación e o respeto, os asuntos vanse resolvendo.
Un cordial saudo a todos e grazas sempre polo voso apoio
A Plataforma SALVEMOS BARRO