Cristina barral:barro / a vozData de publicación:10/5/2011![]()
Unha oportunidade para facerse cun piso de protección autonómica a un prezo alcanzable e a dez minutos de
Pontevedra. Así vendía a empresa Vivendas Caselas a promoción Adelfa en San Antoniño, no centro de Barro. A familia de Elías Simón, que ademais é presidente da comunidade de veciños, foi unha das trece que comprou un piso e o pasado novembro trasladouse desde Pontevedra.
«Cando entramos a vivir había luz de obra, pero nos dixeron que era un problema puntual que se ía arranxar en días», comentou onte. Eses días transformáronse en meses e hoxe seguen igual a pesar de que o Concello deu licenza de primeira ocupación. Os problemas económicos que atravesa Vivendas Caselas fixeron que a empresa non colocase o centro de transformación. Ten sen vender 13 pisos e sen construír outros tres inmobles desta promoción.
Ante a falta de solucións e temendo que a promotora solicite o concurso voluntario de acredores os afectados optaron, o pasado sábado, por colgar varias pancartas da fachada. Nelas pode lerse: «Vivendas de protección que non cumpren as condicións», «Solución ¡Xa!» e «¡Licencia de 1ª ocupación sen centro de transformación!».
«Colgamos as pancartas porque xa estamos fartos de que non nos fagan caso. Algún provedor díxonos que a empresa vai entrar en concurso e temémonos o peor, ata que nos corten a luz», sinalou Elías Simón. Os afectados teñen o tema en mans dun avogado e a súa intención é presentar esta semana un escrito de reclamación dirixido á empresa, o Concello e a Consellería de Medio Ambiente ao tratarse de vivendas de protección autonómica. «Deuse unha licenza de primeira ocupación sen estar acabada a obra. Ademais do problema da luz, a beirarrúa non está acabada e un ático ten pingueiras», engadiu Elías.
Wenceslao Lemos, xerente de Vivendas Caselas, indicou onte que o obxectivo é evitar o concurso e remachou que están a negociar con Novacaixagalicia para poder liberar fondos para o centro de transformación.
keredes pesos por pesetas? Somos corzos ou que?
Amigo David, desde el maximo respeto te quiero decir que se te llena la boca de mierda cuando hablas, y quizas tu ya estas acostumbrado a tu pestilente olor, pero a los que no te conocemos nos desagrada. Por eso querido amigo, te recomiendo que procures estar callado el mayor tiempo posible, aunque te cueste, porque es muy facil caer en el error de hablar de lo que no se sabe, y aunque te creas un fenomeno por “saber mucho de todo”, a ojos de los que “si que entienden”, eres un simple paleto mas. Repito que solo te aconsejo, amigo David.
Que bulgar eres meu rei. Desde logo, nós non queremos pesos por pesetas, o único que queremos e o que pagamos. Tamén, e moi fácil falar desde fora, pero deberías de pensar, que si che pasara a tí, haber que farías, pero xa che consteto eu…. Seguramente irías a vivir pra casa de Landín, porque a ti te acollería.
Hai un dito que dí, que non se pode meter a todo o mundo no mesmo saco, pero desde logo eu xa sei en que saco irás ti. No da merda, porque dicir eso con toda a información que tes, e de ignorantes.
Segue así, que vas por moi bo camiño.
A miña soliedaridade coas persoas que se encontran nesa complicada situación.
Esto pasa por ser un concello bananero, A politica do “ti dalle pa diante”,a ver agora a quen lle bota a culpa o alcalde.
Dende logo vexo moita deixación de funcións por parte das intitucións implicadas, que deberían rendir contas ante os tribunais competentes.
Saúdos