A RECTA FINAL

Comenza a conta atrás cara ás urnas, o próximo 22 de maio está a un tiro de pedra, e en Barro xa podemos ver os primeiros carteis.

Observamos que mentres o Sr. Abraldes e o Sr. Sanmartin optan pola pega dos xa tradicionais carteis coa sua foto acompañada polo eslogan do partido que representan, o Sr. Landín, como sempre sorprendendo, opta pola típica lucería das romerías .

Como non teño datos da alta tecnoloxía que éste emprega, supoño que funcionarán coa enerxía solar ou lunar, a saber… O que non creo é que funcione co alumbrado público que pagamos todos os vecinos de Barro, porque eso me perecería inxusto, que con parte dos meus cartos, como con parte dos cartos dos demais veciños, se financie a campaña de este señor.

As campañas electorais cada vez son máis dixitais. E a actual carreira polas municipais en Barro non é unha excepción. A maior parte dos candidatos e os seus equipos realizan unha grande actividade nas redes sociais, como facebook.

Nesta rede social podemos ver que o Sr. Abraldes e o  Sr. Sanmartin dispoñen de conta, na que expresan as súas ideas e  contestan a dúbidas que se lles plantexan  aos vecinos, vemos pola outra man ao Sr. Landín que non dispón de conta coñecida. Eu persoalmente, creo que non estaría mal que tivera unha e así poder preguntarlle as dúbidas que temos moitos sobre o que ten pensado facer se gañase as vindeiras eleccións.

E, xa sabedes, como poño en post anteriores, hoxe celebranse dous mítines en Barro: o do BNG na Bibloteca e o do PSE-PSG, no parque da Portela, así que, si queredes, podedes asistir a o que vos chame máis.

Deixar un comentario