Pola súa banda, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, reiterou onte en
que no polígono de Barro-Meis non se instalará Ence.
Tras coñecer a nota dos veciños, dixo ademais que lle daba a impresión que os que impulsaron o recurso trataban agora de dar marcha atrás ao estar en xogo centos de empregos. É a mesma conclusión que xa aplicou a pasada semana ao BNG, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulase a sectorización da área de Outeda-Curro do polígono.
Os veciños que presentaron o recurso xa sinalaron o pasado fin de semana que é certo que o alcalde manifestou que non se permitirían industrias como Ence ou as instalacións de reciclaxe inversa, pero subliñaron que nunca se limitou esta posibilidade de forma fidedigna».