Catro vías para liquidar a situación

Ata catro vías están a ser baralladas desde a Deputación para facer fronte á situación. Mosquera, portavoz do BNG, celebrou onte que se estuden estas vías xa que, segundo dixo, a primeira intención do PP era «tirar para diante». Un debate o martes no Ipespo contribuíu a moderar as reaccións.

 primeira

Recorrer ao Supremo. Unha eventual decisión deste tipo permitiría seguir dando licenzas. Pero se o Supremo ratificase a sentenza do Tribunal Superior, as indemnizacións poderían ser maiores ao haber máis firmas no polígono. Existe ademais o problema do criterio restritivo do Supremo a admitir casaciones. A decisión debe adoptarse nun prazo máximo de dez días.

 segunda

Plan sectorial. Trataríase de tramitar desde a Xunta un plan sectorial de incidencia supramunicipal para Barro e Meis como o de Monte Carrasco. Presenta o problema de que aos tribunais non lles gusta que se enmienden as súas sentenzas por esta vía.

terceira

Tramitar de novo a sectorización. Crese que pode facerse nun prazo de seis a oito meses. Emendaríanse os problemas da auga e saneamento unha vez adxudicada a traída e licitada a depuración de residuais.

 cuarta

Sanar o expediente. Trataríase de sanar o expediente de aprobación da sectorización no que afecta ás advertencias do informe da Xunta (saneamento e auga). Logo volveríase a aprobar o expediente. Pendente aínda de estudo xurídico.

Deixar un comentario