Estrella Galicia faise con dúas parcelas en Barro-Meis para crear un centro loxístico

Fillos de Rivera S.A.. a empresa que elabora a cervexa Estrella Galicia, creará un punto de distribución no polígono de Barro-Meis. A firma fíxose con dúas parcelas, cunha superficie total de case catro mil metros cadrados para a construción dunha nave que custará 597.493 euros.

Segundo adiantou onte Rafael Louzán, o presidente da Deputación, institución da que depende o polígono empresarial, o custo das dúas parcelas terá un custo similar, polo que o investimento final de Fillos de Rivera S. a. roldará os 1,2 millóns de euros.

Coa compra destas dúas parcelas, a un prezo pechado de 147,5 euros o metro cadrado, son, segundo os datos da Deputación, dezaseis as empresas que adquiriron chan industrial no macropolígono. A compra de chan por parte das empresas supón xa o 45% do total dispoñible. Nestes momentos están construídas ou en fase de construción as naves de Caenor, unha empresa dedicada á construción de grandes prefabricados de formigón; e Gescogra, unha industria dedicada á transformación de granito e cuarzo.

Paralelamente sacouse a licitación a planta depuradora das augas que xeren as empresas. A infraestrutura custará finalmente 1,2 millóns de euros.

One thought on “Estrella Galicia faise con dúas parcelas en Barro-Meis para crear un centro loxístico

  1. Esta nova non esta mal pero pregunto,¿que pasa cas ubicacions desta empresa en o Bao e en Caldas de reis ? ¿desapareceran en detrimento destas novas ubicacions?¿alguen sabe algo?

Deixar un comentario