Ao PP de Barro cústalle aceitar que a Xunta desbotase o seu proxecto para Barosa e fixese un novo recollendo as propostas do BNG

NOTA DE PRENSA DO BNG de BARRO                                             

Barro, 7 de abril de 2011. Ao PP de Barro cóstalle aceitar que a Xunta de Galiza, gobernada polo PP, descartase o seu proxecto para Barosa e fixese un novo coas propostas do BNG. Por iso siguen coas manipulacións.

O BNG non invitou a ninguén a non aceitar o acordo co Concello. Foron os propios veciños que se sentiron atropelados os que pediron o noso apoio, algo que, por certo, nos enche de orgullo.

Para quen non tivese a oportunidade de ver o proxecto, servan estas citas textuais da súa memoria.

“Para la redacción del presente proyecto se ha tenido en cuenta los proyectos existentes anteriormente, algunas de las alegaciones realizadas a dichos proyectos”

“Las obras de relleno planteadas dentro del proyecto de Salvador Merino Gómez

fueron iniciadas, pero se paralizaron por orden judicial debido a problemas de expropiación”

“Reducción de los rellenos ejecutados .en la parte alta del río….”

Deixar un comentario