Boas tardes, diríxome a todos/AS para aclarar uns puntos referentes a esta páxina.
Esta é unha páxina que naceu a iniciativa propia, a xeito de hobby, fíxena cOA idea de ter informados, un pouco máis, aos/ás veciños/as de Barro, tanto os que viven aquí como noutras partes do planeta, fillos/as de veciños/as de Barro que tiveron que buscarse a vida lonxe de aquí (saúdos para todos/as, sobre todo os/as arxentinos/as que participades activamente cos vosos comentarios).
As noticias que poño son de temas relativos a este Concello, noticias que vexo en xornais, tele, bandos, Omix, páxina oficial do Concello (que por certo, ao meu parecer bastante abandoada) e, tamén notas de prensa que me envían algúns partidos políticos, porque outros, non envían nada.
Nestes anos non escribira ningún comentario, só subía as noticias e vós comentabádelas, ata aí, todo ben, pero ultimamente algúns/has empezades a publicar directamente os vosos post e téñoos que borrar, non é que os borre porque non me parezan interesantes, é que algúns non se refiren a Barro e outros, son opinións sobre temas que están a suceder a raíz das eleccións, algo que se pode poñer no apartado de comentarios.
Tamén recibín moitas mensaxes sobre certos individuos que usan pseudónimos, a verdade non sei porqué non usan a súa conta real para dirixirse a todos nós, non sei, supoño que terán medo a algo ou a alguén. Pero ben, ao que ía, como achegan datos que non sabemos se son reais, e ultimamente mesmo se ven insultos, vou proceder a dalos de baixa, e os animo a que “saian do armario” e usen o seu perfil verdadeiro.
Outro punto que quero aclarar, é sobre o tractor que nos regaluo a Deputación, certas mulleres ou homes, a verdade non sei o que son, xa que se ocultan, din que fago censura, que son un ditador e outras cousas que sobra dicir.
Pois aquí vos deixo o enlace do suposto tractor, eu creo que é o que dicides vós ou a parte déronnos outro? non o sei, informarnos.
Agora só falta usalo a favor de todos os veciños/as e que non estea parado, xa que o que sobra son pistas e monte para limpar.
Publicada o 2 decembro do 2010
Saúdos a todos.