A vexetación acumúlase para cando se necesita, pero non debería retirarse toda

A vantaxe de queimar partes vexetais mortas e restos de curtas, podas e clareos, está en que todo iso é almacenable, ao contrario que o vento na eólica. Aínda que, como puntualiza Xiana Perales, do departamento de biomasa de Adianta, «vento ou auga das hidroeléctricas son gratuítos, pero a biomasa ten o custo de retirala e transportala ata a planta».

Esta empresa quere abrir no 2014 unha central de biomasa de 10 megawatts en Barro-Meis (Pontevedra) baixo o nome Montelimpo S.L. e aproveitará restos de eucalipto e piñeiro, pero naceu coas minicentrais hidráulicas e explota parques eólicos en España e Brasil. O seu plan de biomasa sae adiante ao caerse do proxecto a central de biomasa de Ence en Pontevedra, aínda que esta empresa case iguala en Navia, con 77 megawatts instalados, a potencia de todas as pequenas centrais concedidas: Mazaricos, Viveiro, Curtis, Vilalba, Cervantes, Forcarei, A Pobra de Brollón, Ribadavia, Ponteareas, Verín, A Veiga e Barro-Meis. Adianta ten máis avanzado o seu plan de Monçao, (Viana do Castelo), de 7,70 megawatts, e abrirá outra de 6,6 megawatts en Salamanca.

Deixar un comentario