Durante a presentación da candidatura do BNG ao Concello de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes afirmou que o seu obxectivo é facer de Barro un concello atractivo para vivir, para o que é necesario que as persoas que decidan vir ou quedar a vivir en Barro teñan os servizos fundamentais cubertos e unha boa calidade de vida.
O candidato nacionalista falou da necesidade de planificar as necesidades
do concello, de atender ás demandas dos veciños e veciñas e de priorizar as actuacións que se leven a cabo. “Todo o contrario do que fixo e sigue a facer o PP, que se caracteriza pola máis absoluta improvisación”.
Para Abraldes, é fundamental a creación de emprego e a reactivación da economía local. Para logralo hai que facer políticas para dirixidas a que Barro medre, coas que se crearía emprego no sector servizos e no comercio local, un sector este ao que o BNG apoiará dende o Concello. É necesario tamén resolver dunha vez por todas os problemas do solo industrial e adoptar medidas que incentiven o asentamento de empresas nos polígonos.
O BNG demostrou durante todos estes anos, desde a oposición, a súa capacidade para analizar as necesidades do noso concello e facer propostas en positivo para avanzar na mellora das condicións de vida dos nosos veciños e veciñas.
É evidente que os recursos municipais non son suficientes para resolver todas as carencias e necesidades que ten o concello de Barro. É necesaria a implicación doutras administracións. Neste sentido, o candidato do BNG afirmou que, dende a alcaldía, terá diálogo e cooperación institucional, pero tamén firmeza para conseguir os investimentos que o noso concello precisa. “Hai que acabar -dixo- coa submisión que ten o actual alcalde coas administracións gobernadas polo PP e coa falla de diálogo cos que non son da súa corda, porque este tipo de política non resolve nada”.
O candidato nacionalista lembrou que xa pasaron 32 anos as primeiras
corporacións democráticas, e que o PP leva gobernando o Concello de Barro 28 destes anos. Anos que se caracterizaron pola falta absoluta de capacidade de xestión, por unha deixadez total á hora de buscar solucións aos problemas dos veciños e veciñas, e por unha falta de previsión á hora de planificar o desenvolvemento de Barro. 28 anos transmiten, en definitiva, unha imaxe de total esgotamento do goberno do PP. “O Concello de Barro precisa un cambio profundo nas súas políticas e, polo tanto, nos seus gobernantes. E o BNG está en condicións para liderar este proceso”, dixo Abraldes, “porque contamos cun equipo de mulleres e homes diálogantes, que saben escoitar aos veciños e veciñas e teñen unha grande e contrastada capacidade de traballo”.
“Son moitas as persoas de Barro que pensan que é necesario este cambio, e que con outra política Barro terá un futuro mellor. O BNG está preparado para asumir este reto, e para iso agardamos contar co respaldo da maioría social de Barro e abrir unha nova e ilusionante etapa no concello”.
CANDIDATURA
XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ ABRALDES. Portavoz municipal e candidato á Alcaldía
ROBERTO RIVAS REBOREDO. Concelleiro.Veciño de Valiñas
MARÍA XESÚS CASTRO CALVIÑO. Concelleira. Veciña da Portela
ANTONIO GIRÁLDEZ OUTEDA. Funcionario. Secretario da Xunta de Montes de Curro.
MARÍA AMELIA CANCELA CANCELA. Directiva da Asociación da Banda Xuvenil de Barro. Veciña da Portela
JESÚS ROMAY MÉNDEZ. Camioneiro. Veciño de Agudelo
XOSÉ LUIS BARCALA BARCALA.Traballador de telecomunicacións. Veciño da parroquia de Barro
EVA MARÍA RODRÍGUEZ CAEIRO. Licenciada en documentación. Veciña do San Antoniño
IVÁN BELLO FERREIRO. Estudante. Veciño de Barro
ANA ROSA ROMA AGRASO. Hosteleira. Veciña de Curro
ALMUDENA BUGALLO FONTÁN. Licenciada en Ciencias Políticas. Veciña de Perdecanai
SUPLENTES
LICESIO FONTÁN ABAL. Empresario. Veciño de Agudelo
HADRIÁN SILVA MAGDALENA. Músico. Veciño da Portela
LAURA SÁNCHEZ GARCÍA. Estudante de Relacións Laborais. Veciña de Agudelo
JOSÉ GARCÍA GONZÁLEZ. Empresario. Veciño de Curro
MARISELA ABAL SEIJO. Empregada de comercio. Veciña de Agudelo
LUIS VILA PIÑEIRO. Electricista. Veciña de Perdecanai
MARÍA GARCÍA CASTRO. Técnica de farmacia. Veciña de San Antoniño
JAVIER LOUREIRO LAFUENTE. Camioneiro. Veciño de Barro
MARÍA OUTÓN FERNÁNDEZ. Xubilada de Comercio. Veciña da Portela
VICENTE VÁZQUEZ DIÉGUEZ. Xubilado de Banca. Veciño de Curro