A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou un proxecto de canalización dunha liña de alta tensión entre Tibo-Mourente ata a subestación do complexo industrial de Barro Meis. En sesión celebrada o pasado 25 de marzo, o Consello Reitor do Instituto para a Promoción e o Equipamento do solo Industrial da Provincia de Pontevedra (Ipespo) aprobara con anterioridade este proxecto que terá un investimento de 840.000 euros.
A canalización de alta tensión permitirá o suministro de corrente no futuro parque empresarial de Barro-Meis, poñendo un dos alicerces fundamentais para a súa posterior posta en marcha. O prazo de presentación das ofertas rematará dentro de 25 días xa que foi publicado no BOP de onte. O prego de contratación pode recollerse no Ipespo, Avenida Montero Ríos s/n, Pontevedra.