Xosé Manuel Fernández Abraldes, candidato do BNG á alcaldía de Barro 
Se lle preguntásemos ás nosas veciñas e veciños sobre os froitos dos 30 anos de gobernos ininterrumpidos do PP en Barro unha grande maioría non sabería que responder, porque non é fácil destacar actuacións que repercutisen nunha mellora da calidade de vida do noso pobo ou nun dinamismo económico e social apreciáble.
Barro precisa dun alcalde que traballe, que sexa amábel coa xente, de bo carácter, que abra as portas da Casa do Concello e dea solucións aos problemas que se lle acheguen. Un alcalde que prevea as necesidades do concello e sexa capaz de solucionar os problemas.
É hora de rachar co modelo caduco e esgotado do PP e apostar por un concello aberto e eficaz 
Os anos de goberno do PP deron como froito que o noso concello careza dos servizos básicos de auga e saneamento en todas as parroquias, que teñan menos equipamentos públicos que outros concellos do arredor, e que a maioría das infraestruturas que posee (centro médico, colexio, campo de fútbol) están nunha situación deplorable que claman por un arranxo inmediato.
O BNG quere cambiar esta situación, quere liderar un goberno distinto, que atenda a todos os veciños e veciñas por igual, que enfronte os problemas e lles busque solucións, que sexa capaz de reactivar a economía local e poñer freo ao desemprego.
Queremos un alcalde dialogante e firme, que crea nas posibilidades de Barro e teña o empuxe, a ilusión e a capacidade necesarias para facer realidade os proxectos.
Un goberno que promova o desenvolvemento económico e cultural do noso concello e apoie aos colectivos sociais nas súas iniciativas. Un goberno do pobo, para o pobo e co pobo.
O BNG quere o voso respaldo a un proxecto ilusionante, comprometido na transformación de Barro, na creación de emprego e no benestar dos seus habitantes.


