A primeira edición do Festival de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” iniciase o 26 de marzo, coas bandas pertencentes á zona de Pontevedra. As actuacións terán lugar a partires das 18.00 h. no Pazo da Cultura, coa participación de catro bandas (tres en sección segunda e unha en sección primeira). Cada banda de música interpretará dúas obras de libre elección sendo unha delas obrigatoriamente de autoría ou temática galega.
O programa da xornada é:
SECCIÓN SEGUNDA
- Banda de Música Xuvenil de Barro. Dir: Alejandro Cimadevila Louzao. Obras: Os muíños da Barosa de Adrián Silva e Carmen Suite de G. Bizet
- Banda de Música Airiños do Morrazo de Moaña. Dir: Salvador Meira Corrales. Obras: Airiños Aires (Rapsodia Galega) de Gustavo Freire e Ireland: Of Legend and Lore de Robert W. Smith
- Banda de Música Artística de Bueu. Dir: Víctor Manuel López Pazos. Obras: A miña aldea de A. Leira Díaz e Visions of Flight de Robert Sheldon
SECCIÓN PRIMEIRA
- Banda de Musica de Salcedo. Dir: Andrea Loss. Obras: Gallaecia de José Bugallo Senra e Highlights from Chess de Ulvaeus & Andersson

