O proxecto que está a levar a cabo a Xunta de Galiza no entorno de Barosa ten moi pouco que ver co que inicialmente tiña previsto o concello de Barro, grazas, entre outros, ás alegacións e propostas feitas polo BNG.
O aparcamento grande vaise facer á entrada do parque, como nós pediamos, e non a carón da illa como pretendía o goberno municipal.
Os recheos retiraronse da beira do río, deixando libre o aliviadeiro da auga debaixo da N-550, e non como como estaba antes, que o recheo ía pegado ao río ao longo do seu trazado e a unha distancia mínima.
Pero, sobre todo, os recheos que comezara a facer o goberno municipal de entre 3 e 5 metros de altura, pasan a ser de 1 metro ou 1’5 metros, tal e como o pedía o BNG e xa se pode ver na actualidade, o que lle dá á actuación un carácter moito máis respetuoso cun espazo de tanto valor etnográfico e medioambiental como é o entorno de Barosa.

