O BNG presenta o sábado 2 de abril ás 21 h. Na biblioteca a súa candidatura ao Concello de Barro

O vindeiro sábado, día 2 de abril, o BNG presentará a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do mes de maio. Farao nun acto público que terá lugar ás 21 h. Na biblioteca municipal. Neste acto intervirá, ademais do candidato á alcaldía de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a Secretaria de Organización do BNG, Montserrat Prado.

Deixar un comentario