BASES
1. CATEGORÍAS
– Adultos a partir de 18.
– Xuvenil ata 18 anos.
TEMÁTIACAS
-Novos ollos captan o novo rural.
-A viña e o viño, cultura e tradición en Barro.
2. DESTINATARIOS
Podrán participar no concurso todas as persoas de casqueira idade e procedencia.
Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías por categoría polo que non se aceptarán máis de 4 fotografías por persoa.
As fotografías poderán ser en color ou en branco e negro e realizadas mediante unha cámara analóxica ou dixital
3. PREMIOS:
De entre todas as fotografías recibidas, concederanse un primeiro premio e un premio finalista por categoría.: OMIX 98671480
Adultos a partir de 18.
1er PREMIO:
Novos ollos captan o novo rural =80 €
A viña e o viño,… = 80 €
PREMIO FINALISTA:
Novos ollos captan o novo rural =50 €
A viña e o viño,… =50 €
Xuvenil ata 18 anos.
1er PREMIO:
Novos ollos captan o novo rural =60 €
A viña e o viño,… = 60 €
PREMIO FINALISTA:
Novos ollos captan o novo rural =30 €
A viña e o viño,… =30 €
4. CÓMO PARTICIPAR:
Podrán participar no concurso todas as persoas de casqueira idade e procedencia.
Cada participante podrá presentar un máximo de 2 fotografías por categoría polo que non se aceptarán máis de 4 fotografías por persoa.
As fotografías podrán ser en color ou en branco e negro e realizadas mediante unha cámara analóxica ou dixital.
Envíos:
O participante deberá enviar a/s fotografía/s atendendo ós seguintes requisitos:
– Enviar unha impresión en papel fotográfico de tamaño de 24 x 30 cm., en color ou en branco e negro e en soporte dixital.
No dorso de cada fotografía deberá figurar:
– categoría
– temática.
– lema igual para o conxunto de fotografías.
– título de cada una.
Exemplo: Lema: o tempo na xente. Titulo da fotografía: traballos de campo. Categoría: xuvenil, ata 18 anos.Temática: Novos ollos captan o novo rural.
Nun sobre pechado co mesmo lema e categoría escrito por fora, deberán axuntar os seguintes datos: nome e dirección teléfono fixo e móbil do autor, lema, título, lugar e data da fotografía.
Toda a información deberá enviarse por correo ou entregarse no concello con rexistro de entrada nun sobre pechado a:
Concurso Fotografía “Imaxes de Barro 2011”. Santo Antoniño Perdecanai, s/n. 36194 Barro Pontevedra
5. CALENDARIO
A data de recepción comezará o 18 de marzo de 2011 e rematará o 7 de maio de 2011, ambas inclusive. Os traballos recibidos despois da data de reunión do xurado quedaran excluídos.
-Luns 9 de maio reunión do xurado.
-O fallo do xurado farase público nos medios de comunicación e na páxina de Internet www.barro.es durante o mes de maio de 2011
-Exposición: Con tódolos fotos participantes realizaremos unha exposición que permanecerá no Salón de actos da Biblioteca Pública durante o verán e que o comezar o curso se trasladará o IES de Barro.
6. XURADO:
O xurado estará integrado por:
-Alcalde ou persoa en quen delegue.
-2 expertos en fotografía
-Actuando como secretaria, a Informadora Xuvenil do Concello de Barro.
Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade e a calidade fotográfica.
A selección dos ganadores será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será definitivo e inapelable.
Os premios serán entregados durante a celebración da Festa do Viño durante o terceiro fin de semana do mes de xuño de 2011,
7. RESTRICCIONES
– Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas o autor ou que non sexan propiedade do autor.
– As fotografías non poderán ser alteradas electronicamente nin por calquera outro medio. Tampouco se aceptarán fotomontaxes. – Se permitirán mínimas correccións de color e luminosidade.
– Non se aceptarán fotografías que xa se publicaran, exhibiran ou premiaran con anterioridade.
– As fotografías realizaranse dentro dos límites do Concello de Barro.
– O participante manifesta e garante ó concello de Barro que é o único titular de todos los dereitos do autor sobre a fotografía que presenta ó Concurso.
– A participación no Concurso leva a cesión a favor do Concello de Barro dos dereitos de reproducción e distribución, sobre as obras fotográficas, e a exposición dos seus traballos durante o mes de xuño e xullo de 2010. Así mesmo poderán aparecer tanto nas publicacións editadas polo Concello de Barro con referencia á Festa do Viño como na Web www.barro.es, sempre citando a procedencia e autor.
– Os participantes que non cumpran con calquera dos requisitos indicados nesta convocatoria serán descualificados automaticamente.
5. XERAIS 
As impresións en papel fotográfico, enviadas o concurso serán devoltas ós participantes que pasaran a recollelas pola Oficina de Información Xuvenil do Concello.
Correrá a cargo de cada participante o risco por perdidas ou danos ás fotografías durante o envío.
O enviar a súa imaxe, o participante acepta cada un dos termos e condicións aquí expostas.