A Audiencia Provincial de Pontevedra acaba de revogar a sentenza condenatoria ditada o 25 de maio do pasado ano por un xulgado do Penal da capital pola que se condenaba a unha pena de tres anos de prisión a un veciño de Barro de 48 anos, A. R. C., por un delito de abusos continuados contra a súa fillastra, que no momento da denuncia contaba con 15 anos de idade. O tribunal provincial, tras revisar o caso, absólveo e retira todas as medidas que se tomaran contra el, e que incluía unha orde de afastamento sobre a vítima. Un fallo contra o que non cabe interpoñer novos recursos.
Naquel fallo do 25 de maio do pasado ano e que agora tamén sae á luz, o xulgado do Penal 2 recollía como feitos probados que o acusado mantivo unha relación sentimental coa nai da vítima, coa que convivía no domicilio familiar en Barro, xunto con outros tres fillos comúns de ambos os dous, a nai da muller e unha filla desta, froito do seu primeiro matrimonio.
Así mesmo, a sentenza agora anulada explicaba que cumpridos os seis anos de idade por parte da fillastra do acusado, este comezou a realizar tocamentos a esta. Uns abusos que, segundo o fallo, se terían prolongado ao longo duns oito anos ata o Nadal de 2007, cando a menor se negou a subir o fallado da casa onde supostamente se producían os tocamentos. O tribunal aplicaba ademais a circunstancia agravante de reincidencia, xa que esta persoa fora condenada a 4 anos e dous meses de prisión como autor dun delito de agresión sexual en novembro de 1994.
Tras coñecer a sentenza ditada polo xulgado do Penal, a defensa do acusado presentou recurso ante a Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra quen agora decide absolvelo noutro fallo datado a finais do pasado mes de decembro. Alegaba en esencia que a condena se baseaba unicamente na declaración prestada pola vítima, a cal non reuniría os requisitos esixidos pola xurisprudencia, aducindo a existencia de “inconcreciones temporais e descritivas dos feitos, contradicións, etc.. “. Para os maxistrados da Sección Segunda “en efecto, unha detida análise do actuado no plenario, así como da documental das actuacións, evidencia que non poden darse por probados os feitos” descritos na sentenza recorrida.
Non lle dan verosimilitude
Mentres que o Penal considerara veraz o testemuño da moza, para a Audiencia a menor limítase a relatar de forma “automática” os supostos abusos “sen achegar ningún detalle concreto, anécdota, ningunha circunstancia que dote de verosimilitude ao seu relato, máxime cando estamos a falar duns abusos acontecidos durante 8 anos,”. Esta e outras cuestións son as que levan o tribunal a concluír “que a declaración da vítima non reúne os elementos de verosimilitude suficientes” para constituír proba que desvirtúe a presunción de inocencia do acusado.
E incrible ke tendo antecedentes idénticos e decir que abusou das suas propias fillas, e a saber de cantas criaturas mais ke nn se atreveron a denuncialo e sendo maltratador , e dicir un mal nacido, saia inpugne desta maneira nn hai dereito e encima as vitimas teñamos ke verlle a cara a ese sinvergonza e inxusto, pero bueno asi estan as leis deste pais, quelle dan a razón os violadores, maltratadores e asasinos.