1.O prazo para a reserva e renovación de praza, así como para as/os fillas/os
das traballadoras/esdas escolas infantís e para os/as irmáns/irmás que renoven praza, será do 9 ao 21 de marzo, ambos os dous incluídos.
2. O prazo de preinscrición para novas/os usuarias/os é do 22 de marzo ao 16 de abril. As solicitudes coa documentación requerida presentarase en -Lg. de Outeiro 5, B Perdecanai,36194, Barro (Pontevedra),Tlf.:986 711 752.
As persoas que o desexen poderán cubrir a solicitude en liña que como formulario electrónico seatopará na páxina web: http://www.igualdadebenestar.org Posteriormente, e antes de que finalicen osprazos sinalados nos apartados 1 e 2 desta resolución, presentarán esa mesma solicitude impresa debidamente asinada e acompañada da correspondente documentación nos citados rexistros.
As listas provisionais de admitidos/as e de agarda publicaranse o 9 de xuño. O prazo dereclamacións é de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación. As listas definitivas de admitidos/as e de agarda faranse públicas o 14 de xullo. Tanto os listados provisionais como os definitivos publicaranse no taboleiro de anuncios dos Concellos, das Escolas Infantís, no do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e nasúa páxina web http://www.igualdadebenestar.org
O prazo de matrícula, tanto para os que fixeron reserva e renovación, como para os que fixeron prescrición, será do 15 ao 29 de xullo. Tal e como consta no RRI das Escolas Infantís, de non formalizar a matrícula no prazo estipulado,decaerá o dereito á praza aínda tendo reserva ou aparecendo na listaxe de admitidos/as
