A crise do sector téxtil volverá cobrarse unha nova vítima esta vez en Barro. O equipo da empresa Hogalma S.L., con sede social en Barro, afronta o peche do seu centro traballo despois de dous anos de incerteza e de debilidade financeira. A firma, considerada como un referente a nivel autonómico e estatal na fabricación de ombreiras, presentou un concurso voluntario de acredores en maio do ano pasado do que non poderá saír.
O cesamento de actividade de Hogalma podería facerse oficial o próximo mércores 9 de marzo. É a data que manexan os sindicatos e que, segundo eles mesmos, tería posto o administrador xudicial do caso para desmantelar a factoría de Lombo dá maceira na Portela.
O actual equipo desta empresa de Barro, integrada por mais dunha decena de traballadoras, esta afectada por un expediente de regulación emprego de extincion(ERE). O despedimento colectivo, presentado o pasado 14 de febreiro, chega acompañado da débeda de varias nominas dás súas traballadoras.
A pesar do atraso continuado no aboamento dos salarios e dos non pagamentos, só unha das empregadas de Hogalma solicitou a recisión de contrato. Fíxo o ano pasado en xaneiro de 2011, o xuíz deulle a razón. Levaba mais de tres meses sen cobrar sen faltar nin un só dia ao traballo.
Representantes sindicais, patronal e o interventor do caso Hogalma reuníronse o pasado venres para analizar a situación sociolaboral e económica da plantilla. Esta dispón xa dunha indemnización equivalente a 20 días por ano de antigüidade, contía que podería verse incrementada.
Fontes próximas ao equipo reprochan a actitude dos directivos durante a crise de Hogalma, firma que levou a El Corte Ingles entre a súa carteira de clientes.
