Pasou máis dun mes desde que o BNG denunciou a inseguridade producida polas obras do enlace de Curro, e aínda non se adoptou ningunha medida para darlle solución.
O normal é que cando se elabora un proxecto se teñan en conta os problemas que se poidan producir e se plantexen solucións para aminoralos. Neste sentido é incomprensíbel que nin a Xunta (que contratou a obra) nin o goberno municipal (que coñece perfectamente os problemas que alí se sofren) buscasen solucións aos graves problemas de seguridade viaria que se vían vir.
Un mes despois de que o BNG denunciase os problemas, a Xunta anuncia que nos próximos días se van desprazar técnicos da consellaría para ver as medidas que se deben adoptar para acabar coa inseguridade viaria.
O BNG agarda que non se tarde máis tempo e que as medidas necesarias se adopten de inmediato para evitar as molestias e perigos que se lle están a ocasionar tanto aos peóns como aos condutores.
