A Deputación Provincial de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro
organiza nos meses de xuño a setembro CAMPAMENTOS DE VERÁN NAS INSTALACIÓNS DO CENTRO DE VACACIÓNS “A LANZADA” para nenos/as de 8 a 13 anos. Precio: 68 € dos que 50 abonaos o interesado e 18 € subvencionaos o Concello. Prazas asignaranse por sorteo. Os interesados acudan ó servizo Saial de Atención Primaria ata o día 3 de marzo de 2011.
- ANOTACIÓNS PARA TER EN CONTAOs nenos dormen en tendas de campaña de 5 prazas (mínimo) cada unha.
En cada quenda de campamentos realízase unha excursión á Illa de Ons. O billete custa 12 €, que cada neno deberá entregar no campamento o primeiro día.
En canto ós cartos para o acampado son sufcientes 5 € (para un xeado, un refresco, chamar por teléfono…).
Poden levar teléfono móbil pero gardarano os monitores e daránllelo ós nenos os días e as horas sinaladas para chamar á casa. Tamén poden levar cámaras dixitais pero o campamento non se fará cargo do seu extravío.
Informamos os pais de que a Deputación tomará imaxes e gravacións das presentacións e peches de cada quenda de campamentos así como das actividades que realicen os nenos. Despois publicaranse na páxina web da Deputación.
- DATAS
- 1ª Quenda: do 23 de xuño ó 29 de xuño
- 2ª Quenda: do 30 de xuño ó 6 de xullo
- 3ª Quenda: do 7 de xullo ó 13 de xullo
- 4ª Quenda: do 14 de xullo ó 20 de xullo
- 5ª Quenda: do 21 de xullo ó 27 de xullo
- 6ª Quenda: do 28 de xullo ó 3 de agosto
- 7ª Quenda: do 4 de agosto ó 10 de agosto
- 8ª Quenda: do 11 de agosto ó 17 de agosto
- 9ª Quenda: do 18 de agosto ó 24 de agosto
- 10ª Quenda: do 25 de agosto ó 31 de agosto
- 11ª Quenda: do 1 de setembro ó 7 de setembro
A incorporación ó campamento terá lugar entre as 10:00 e as 11:00 h en todas as quendas e a saída ás 10:00 h.
Solicítase máxima puntualidade para recoller os rapaces xa que as instalacións do centro se pecharán á hora sinalada.