As obras de construción dos nós de enlace viário na parroquia deCurro están a causar graves problemas de inseguridade tanto paraos veciños e veciñas da parroquia como para a circulación devehículos.Xa era previsíbel que o desvío de tráfico a través do Lugar de Outedapola estrada vella ía supor un problema para os veciños eveciñas. Esta estrada se encontra totalmente abandonada desdehai moitos anos; de feito había un compromiso do anteriorGoberno da Xunta cos representantes da Plataforma veciñal deurbanizar este treito de estrada para dar maior seguridade aosveciños diante do previsíbel aumento de tráfico debido ao accesoao polígono.O Goberno da Xunta do PP, ademais de non manter ese compromisode urbanizar a estrada, non adoptou ningunha medida paramellorar a seguranza antes de desviar o tráfico pola mesma, limitándosea pintar un paso de peóns que os veciños non se atrevena utilizar con tranquilidade polo paso contínuo de veículos que enmoitos casos non respectan este paso de peóns.Outro dos graves problemas de seguridade é a falta de iluminaciónque hai en todo o treito en obras, o que o fai moito máis perigosodurante a noite e os días de chuvia.Por esa falla de iluminación e doutra sinalización, resulta moi perigosaa rotonda provisional que puxeron onde a igrexa, pois sonconstantes os vehículos que circulando desde a autovía do Salnéscara Pontevedra non respectan o ceda o paso na mesma, xa quese non se coñece o lugar non se sabe que hai unha rotonda atéque se está nela.Tamén resulta perigoso circular polos carrís provisionais no enlacenovo, sobre todo nos días de chuvia, debido á ausencia de iluminacióne sinalización.Por todo isto o BNG demanda que de forma urxente se adoptenas medidas necesarias para mellorar a seguridade para as veciñase veciños de Curro e para todos aqueles vehículos que circulanpolo treito afectado polas obras. En concreto solicitamos amelloras na sinalización e iluminación, sobre todo na rotonda provisionalao lado da igrexa, e a colocación dun semáforo no pasode peóns.