Mellora o estado clínico da veciña de Barro que recibiu unha malleira dun recluso que estaba de permiso

María del Carmen Calvo, veciña de Barro de 69 anos de idade, permanece ingresada na UCI do hospital Xeral Cíes de Vigo tras recibir unha malleira o pasado xoves nun camiño situado nas inmediacións da súa vivenda no lugar de Lourido. Non obstante, a súa situación clínica mellorou significativamente ao longo da xornada de onte e, segundo confirmaron fontes hospitalarias, abandonou o estado de coma.
Por outra parte, dos dous irmáns de Cuntis detidos en relación a este suceso, un deles quedou en liberdade con cargos o sábado tras prestar declaración no xulgado de instrución número dous de Caldas, que dirixe o caso. Trátase de. Vázquez Torres, de 26 anos de idade, que deberá comparecer cada quince días ante a autoridade xudicial.
Tamén deberá ser interrogado polo xuíz o seu irmán, Venancio Vázquez Torres, a quen testemuñas presenciais dos feitos sinalan en principio como a persoa que tería golpeado esta veciña de Barro, así como outras dúas mulleres que trataban de auxiliala e dous gardas civís do Seprona que trataban de detelo. Non obstante, antes terá que recibir a alta médica no Hospital Provincial dePontevedra, onde segue ingresado no módulo penitenciario.Venancio Vázquez Torres, que se encontra interno na prisión daLama por un caso de violencia de xénero, estaba a gozar dun permiso penitenciario de catro días. Saíra do cárcere o mesmo día no que se produciu a agresión e debería regresar ao centro penitenciario onte. Levaba instalada unha pulseira GPS, segundo indicaron testemuñas do suceso.
Segundo relatou aunha veciña de Lourido que presenciou estes feitos, ela observou como os dous irmáns se encontraban pelexando no medio do camiño cando a muller ferida chegaba camiñando á zona. Nun momento dado un deles supostamente tería golpeado esta muller en varias ocasións por causas que se descoñecen mentres que o outro botaba a correr abandonando a zona.
Ambos os dous estiveran a beber en diversos bares das inmediacións e no último deles xa provocaron algún pequeno incidente.

Deixar un comentario