A Xunta mantén o calendario para rematar o supernudo de Curro e non prevé atrasos no que será a maior ligazón viaria do norte da provincia. De acordo cos prazos marcados polo Goberno autonómico, a obra ten que estar lista no 2012.
Vinte e catro horas despois de que Fomento anunciase en abril un adianto na construción do nó do Pino, o conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández, sinalou que o macroenlace estaría concluído no ano 2012, dous anos antes do programado inicialmente.
Tras os primeiros cortes parciais por mor das obras na conexión da autovía de Sanxenxo coa autoestrada AP-9, Hernández manifestou nunha recente visita a Pontevedra que «vaise manter ou prazo que tingamos comprometido» para a conclusión do macroenlace.
Os responsables autonómicos subliñan que se trata «dunha obra complicada de varios quilómetros de autovía xuntos nun espazo moi pequeno do territorio» e que leva, en consecuencia, problemas parta o tráfico rodado. A pesar destas complicacións, a Xunta ten agora o camiño despexado para ter o nó no 2012, tras lograr un acordo coa granitera situada na zona de obra que obriga a que a factoría deixe libre o terreo antes do 15 de xaneiro.
O supernudo e a nova ligazón coa AP-9 terminarán co pescozo de botella actual da autovía de Sanxenxo no que a estrada se reduce a dous carrís xusto no tramo final da conexión coa AP-9. Desta forma, intentarase aliviar o atasco que sofren nesta zona os automobilistas, fundamentalmente no verán ao regreso das praias.
Futura ligazón coa A-57
Neste gran nó conectarán a futura autovía a Vilagarcía, a autovía de Sanxenxo, a estrada PO-531 Pontevedra-Curro , os tráficos derivados do polígono Varro-Meis cara á vella comarcal C-531 e a propia AP-9. O ramal da autoestrada permitirá así mesmo no futuro enlazar neste nó de autovías a futura A-57 Pontevedra-Curro , a cargo de Fomento.