GRAN CABALGATA DE REIS NO CONCELLO DE BARRO

As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, xunto coa súa comitiva visitarán ó Concello de Barro comezando ás 18:00 h. o seu percorrido dende a Pazo da Crega (campo da festa), pasando por; Rúa as Baladas, o Concello de Barro, rotonda Casa Florita e facendo a súa entrada no Pavillón Municipal acompañados por fogos de artificio de cores.

Realizaremos tirada de caramelos o longo do percorrido e na chegada ó Concello.

No Pavillón Municipal O Sr. Alcalde de Barro, recibirá os Reis Magos de Oriente acompañados polas panxoliñas da Banda de Música Xuvenil de Barro que amenizará o resto da xornada.

Co Belén vivinte, a poesía ó neno xesús, e a Muiñeira dos pastores o Grupo de Danzas Amor Ruibal agasallará ás Súas Maxestades e a tódolos asistentes.
Entregaremos os agasallos do Concurso de Postais de Nadal.
Reparto polas súas Maxestades de caramelos a tódolos nenos e nenas
Degustación gratuita de rosca e chocolate.

Lugar: Pavillón Municipal.
Hora aproximada: 18:45h.
Día: 6 xaneiro 2010

ORGANIZA: Concello de Barro
COLABORA: Grupo de Pais, Nais e Adultos de Barro , Protección Civil de Barro.

One thought on “GRAN CABALGATA DE REIS NO CONCELLO DE BARRO

  1. QUERIA FACER UNHA CRITICA CONSTRUCTIVA.
    PRIMEIRO AGRADECER QUE HAXA XENTE QUE SE PRESTE A TRABALLAR E ORGANIZAR ESTA CABALGATA DE REIS TAN DIVERTIDA COMO E A DE BARRO, ONDE SE XUNTAN OS VECIÑOS PARA DISFRUTAR O FINAL DUNHA MERENDA TODOS XUNTOS. POR ESO NORABOA
    PERO A MIÑA CRITICA E DE PORQUE SE CENTRALIZA A CABALGATA E SE OLVIDAN DAS PARROQUIAS, QUE TAMEN SON DE BARRO. NADA MAIS SOLO ME GUSTARIA QUE SE VOLVESE A CONTAR COAS PARROQUIAS. SAUDOS.

Deixar un comentario