No IES de Barro realizouse o pasado dia 20 a entrega de premios do XVII concurso de Adhesivos pola normalización lingüística que convoca a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Salnés.
Entregaránse un total de seis premios nas diferentes categorías consistentes nun diploma acreditativo e a edición asinada dos traballos gañadores.
O acto comezou coa interpretación de pezas musicais a cargo de dous profesores, a lectura da resolución do xurado, a entrega dos premios, para finalizar cunha nova intervención musical a cargo de alumnos do IES de Barro (Cuarteto de Saxofóns, pertencente á Banda de Música de Barro)
No transcurso da entrega, tamén se realizou unha proxección cos traballos gañadores, e unha selección dos mellores traballos presentados.
O ámbito temático escollido pola organización para o concurso deste ano foi a relación entre o humor e a lingua.