O Concello de Barro arrastra décifit en todas as súas contas anuais,
empezando no ano 1997, con 23.000euros.No ano 2002 ese desfase económico chegou a máis de 300.000 euros,e nas contas do 2009 xa era de preto de 1,2 millóns de euros, o que supóna terceira parte do orzamento dese ano, ou máis da metade do orzamento para o 2011. A mala xestión do goberno municipal leva a que, a pesar dos anos de bonanza económica que tivemos, os veciños e veciñas non conten cos servizos necesarios e nos atopemos no ano 2010 con graves problemas de liquidez para pagar os gastos básicos do Concello. Esta situación provocou que se tivese que recorrer a unha póliza decreto de 300.000 euros, poñendocomo garantía as expropiacións quese van cobrar da Xunta polo polígonode Curro.Resulta sorprendente que, para os orzamentos de 2011 se destaque como novidade eses 300.000 eurosque, segundo o alcalde, van servir para facer investimentos. Unha dedúas, ou serven para pagar os gastos diarios ou serven para facer investimentos; evidentemente as dúas cousas non poden ser.O goberno municipal do PP agacha os 700.000 euros de facturas pendentes de pagar, o que inviabiliza os orzamentos aprobados para 2011. Nestes momentos están pendentesde pagar facturas por importe de 700.000 euros, pero no orzamentode 2011 non se reserva ningunha partida para pagalas.
Se sumamos eses 700.000 euros co 1.500.000 previstos para gastos correntes, o orzamento de pouco máis de 2 millóns de euros xa non chega, poloque o apartado previsto para investimento sé irrealizábel.Unha vez pagados os gastos correntes non haberá cartos para investimentos Xa no informe técnico do plan desaneamento que acompañaba o orzamento de 2010 se citaba entre outros exemplos de mala xestión económica o costume de aprobarano a ano uns orzamentos inflados, falseados e irrealizábeis.
Esta mala xestión económica doPP situa ao Concello de Barro congraves problemas de liquidez, o que dificulta o pago de facturas e convenios con diversas entidades,e mesmo o facer fronte aos gastos básicos, imprescindíbeis do funcionamento municipal.
NOVA EXTRAIDA DO BOLETIN DO BNG DE BARRO, SE QUERES DESCARGALO EN PDF, PINCHA AQUI Barro – Novembro 2010 (1)