A falta de actividade e de vixilancia na planta de Aglonor propiciaron o seu desmantelamento

O traballo da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) concluíu e o que queda pendente agora é a retirada do material por parte dunha empresa autorizada. «En todo caso, estaremos en contacto coa Garda Civil por se volvese ser necesaria a nosa presenza, xa que a fuga vén de días atrás», indicou José Antonio Argibay. Desde o 112 insistiuse en que a vertedura de combustible non supuxo un risco de contaminación nin un perigo para a poboación.

Un portavoz da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Barro comentou onte que a nave de aglomerado asfáltico de Aglonor foi desmantelada. As instalacións de Montesequeiros non teñen vixilancia e todo apunta a que detrás da rotura da tubaxe está o roubo. «Levaron as ventás e pouco a pouco foron desmantelando todo. Suponse que roubaron un anaco de tubaxe para extraer unha bomba», sinalou un membro de Protección Civil.

 

Deixar un comentario