Once agrupacións participarán no III Festival de Corais de Pontevedra, Deza-Tabeirós e zona sur da provincia que se celebrará no Teatro Principal o 12 de decembro

O Pazo Provincial acolleu a o sorteo para a selección das entidades musicais que participarán no III Festival de Corais da Zona de Pontevedra, Deza-Tabeirós e zona sur da provincia.

Presentáronse para participar no certame 25 agrupacións das que foron elixidas 11, concretamente: o Coro Ecos do Folón de Fornelos de O Rosal; a Coral Polifónica de Berres de A Estrada; a Coral San Pedro de Domaio de Moaña; a Coral Polifónica de Arbo; a Asociación Cultural Coral Polifónica de Barro; a Agrupación Coral Santa María de Salceda; a Coral Polifónica de Trasdeza; o Orfeón Asomamos de Mos; a Coral Polifónica de Tomiño; a Coral Polifónica O Son dos Cantares de Mos; e a Asociación Cultural O Chopo de Pontevedra.

No sorteo estiveron presentes representantes das agrupacións aspirantes; o vicepresidente e deputado delegado de Cultura, José Juan Durán, o director técnico do festival, Alberto Vila; o xefe do Departamento de Cultura, Antonio Santos; así como a coordinadora de actividades Culturais e unha representante do Servizo de Cultura da Deputación.

O Festival celebrarase o domingo 12 de decembro ás 17.00 horas no Teatro Principal de Pontevedra. As corais interpretarán tres pezas libres cada unha, sendo obrigatorio por bases que unha delas sexa de autoría galega.

Orde actuación NOME DA CORAL Nº Comp. NOME DIRECTOR/A CONCELLO
1 Coro Ecos do Folón de Fornelos 31 Jorge Fernández González O Rosal
2 Coral Polifónica de Berres 32 Diego Neira Sinde A Estrada
3 Coral San Pedro de Domaio 34 José Manuel Barbosa Fernández Moaña
4 Coral Polifónica de Arbo 35 Víctor Fernández Nogueiras Arbo
5 Asoc. Cultural Coral Polifónica de Barro 35 Cristina Castro Pintos Barro
6 Agrupación Coral Santa María de Salceda 35 Liliana Andreia Días Nogueira Salceda de Caselas
7 Coral Polifónica Trasdeza 35 Manuel Molinos Rivas Silleda
8 Orfeón Asomamos 38 Rebeca T. Sestelo Longueira Mos
9 Coral Polifónica de Tomiño 40 Javier Alonso Pérez Tomiño
10 Coral Polifónica O Son dos Cantares 51 Beatriz Gómez Fandiño Mos
11 Asoc. Cultural O Chopo 46 Manuel Rey Otero Pontevedra

 

Deixar un comentario