A Deputación de Pontevedra resolveu hoxe as obras de subministro de auga, enerxía e depuración no Polígono de Barro-Meis

A Deputación de Pontevedra resolveu as obras de suministro de auga, de enerxía e de depuración no polígono de Barro-Meis. O consello do IPESPO, celebrado hoxe, deu conta ós seus membros do estado dos anteditos temas.

O abastecemento foi resolto mediante un convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. As obras de captación do río Chaín, en Portas, conducción dende a captación ata a futura ETAP, dimensionada para 38,7 litros por segundo, e bombeo e impulsión dende a ETAP ó depósito do polígono, foron adxudicadas a Espina Obras Hidraúlicas por 2,8 millóns de euros. De xeito que o remate dos traballos será a primeiros do 2011 para que a empresa radicada no polígono e outras catro que xa teñen licencia poidan empezar a operar.

Convenio para a enerxía e obras de depuración

Para dotar de enerxía ó polígono, a Deputación suscribeu un convenio con Gas Natural (UFD, S.A.) para construir unha liña de alta tensión e unha subestación na zona de Barro. A obra civil correspondelle ó IPESPO por 1,4 millóns de euros e terá un prazo de execución de seis meses dende a sinatura do acordo. E a obra eléctrica en sí, cuia execución corresponde a UFD, por 4,2 millóns.

En canto á depuración, unha vez que o IPESPO dispoña da parcela sobre a que instalar a ETAP, licitaráse proxecto e obra por 2,5 millóns. De momento, para facilitar a operatividade das empresas radicadas, licitouse un sistema de depuración da zona sureste das parcelas denominadas «E», cun importe de 220.000 euros.

 

Deixar un comentario